lunes, 27 de febrero de 2012

LMFAO

Ola de novo a todos ! Que tal de carnavales ? Os meus foron increíbles, paseino súper ben e veño coas pilas recargadas :) Sinto non poder publicar entradas antes, pero o xoves houbo un problema informática no instituto e cando estaba a piques de publicar a entrada apagóuseme o ordenador, unha pena ! Agora si que comezo, por fin :)


Hoxe vou a falar de LMFAO, un grupo que en pouco tempo logrou ser un dos máis famosos e coñecidos de todo o mundo.

LMFAO é un dúo de electro pop formado nos Ánxeles (USA), ano ano 2006. Está formado por Redfoo (Stefan Kendal Gordy, 1975), e o seu sobriño SkyBlu (Skyler Gordy, 1986).



 
Redfoo e SkyBlu creceron no barrio Pacific Palisades, donde no 2006 formaron o grupo. O nome LMFAO provén dunha conversación que tivo SkyBlu coa súa nai, donde el dixo que quería que o dúo se chamase "Sexy Dudes" (Tipos Sexys), ao que a súa nai lle respondeu cun LMFAO, Laughing MY Fucking Ass Off ( Pártome o meu maldito cu da risa). Comezaron na famosa discográfica Motown, pero actualmente están na Interscope Records.



O seu primeiro single titulado "I'm in Miami Trick", que foi lanzado no ano 2008, e que alcanzou o número 51 na lista de "Hot100". Os seus sencillos máis exitosos son "La La La", "Sexy and I Know It", "Champagne Showers", "Shots", e o máis coñecido, "Party Rock Anthem", que chegou ao número 1 da lista Hot 100.  

LMFAO no videoclip "Party Rock Anthem"

Fai uns dias publicaron o seu último videoclip, "Sorry for Party Rocking", que é como unha mezcla dos videoclips "Party Rock Anthem" e "I'm Sexy and I Know".
Aquí volo deixo, e espero que vos guste :)




Esta semana xa publicarei máis entradas, un bico e ata a próxima !








No hay comentarios:

Publicar un comentario