martes, 14 de febrero de 2012

Whitney Houston

Hoxe sí que se pode dicir que comezo coa miña primeira entrada "oficial" no meu blog.
Como xa todos sabedes, o pasado 11 de febreiro morreu a famosa cantante Whitney Houston.



Esta famosa cantante naceu alá polo ano 1963 en Newark, Nova Yersey. Dende que foi pequena demostrou o seu talento como vocalista no coro góspel infantil de la iglesia "New Hope Baptist" de Newark, e acompañando despois a súa nai nos concertos. A partir dese momento empezou a cantar con regularidade, ata que no ano 1982 fixo a súa primeira gravación como cantante cunha canción que se titulaba "Memories".



Ademais , conseguiu in Guinness World Records, pois, ata a data, é a artista máis galardoada de todos os tempos, con 2 premios Emmy, seis premios Grammy, 30 premios Billboard Music Awards e 22 American Music Awards, con un total de 415 premios na súa carreira. E, por se non fora pouco, vendeu  máis de 170 millóns de álbumes, sencillos e vídeos.

O 18 de xullo de 1992 casouse con  Bobby Brown, un rapeiro estadounidense, co cal tivo unha filla no ano 1993. Este foi un matrimonio tomentoso para a artista, pois era maltratada e ademais foi introducida no  mundo das drogas. No 2001 reconoceu por primeira vez en público que dependia das drogas e tiña vicios nocivos para a súa saúde. Todo isto e e a súa actitude de diva fixeron que o seu éxito fora eclipsado. A súa imaxen artística e física véronse seriamente perxudicadas.




Finalmente no 2007 divorciouse de Bobby Brown, obtendo a custodia da súa filla. A partir deste ano, a cantante parecía volver a ser aquela indefensa muller que coñecíamos ao principio, creando novas melodías e realizando xiras por todo o mundo. Pero o 11 de febreiro sorprendeunos a todos ao descubrir que Whitney Houston morrera por unha inxesta excesiva de estupefacentes, aínda que as causas serán máis claras despois de que lle practiquen a autopsia.




Espero que tardemos moito en perder a outra grande artista, pois en pouco tempo perdemos a dúas grandes artistas como o son Whitney Houston e Amy Winehouse, entre outros moitos.



Aqui vos deixou unha das magníficas e máis famosas cancións de Whitney Houston. Visitade e meu blog e ata a próxima :) !



1 comentario: