jueves, 1 de marzo de 2012

Red Hot...

Agora si que si, esta é a miña última entrada, de momento. O grupo elixido esta vez é Red Hot Chili Peppers.


Esta banda estadounidense foi formada no ano 1983 nos Ánxeles, California, e está formada polo vocalista Anthony Kiedis, o guitarrista Josh Klinghoffer, o baxista Michael "Flea" Balzary e o baterista Chad Smith.
O estilo musical desta banda fusiona o funk tradicional con elementos de outros xéneros incluíndo o rap, Hevy metal, rock alternativo, punk rock e grunge. Son considerados os inventores do punk funk.




Nos seus comezos, ala polo ano 1983, os seus fundadores eran outros, e, dende aquel momento, foron diversos membros os que se uniron e abandonaron o grupo por diversas causas, algunhas, por exemplo, por unha sobredose de cocaína ou problemas persoais.


Publicaron 10 discos e os seus títulos son:

  • The Red Hot Chili Peppers (1984)
  • Freaky Styley (1985)
  • The Uplift Mofo Party Plan (1987)
  • Mother's Milk (1989)
  • Blood Sugar Sex Magik (1991)
  • One Hot Minute (1995)
  • Californication (1999)
  • By the Way (2002)
  • Stadium Arcadium (2006)
  • I'm With You (2011)

  • Este vídeo é da canción "The adventures of rain dance maggie". Espero que vos guste


    Acabo a miña entrada incluíndovos este fabuloso vídeo das súas últimas cancións. UN ABRAZO MOI FORTE !

    Mellor Banda Sonora 2012

    Ola a todos de novo ? Que tal levades todo ? Hoxe vai ser o meu último actualizando este blog. Quero darvos as gracias por seguilo e pronto o volverei a usalo para informarvos sobre as miñas clases de informática . Ademais agora empezo a miña etapa de exames, e supoño que estarei moi ocupada ata o 20 de marzo e sen tempo para nada...

    O pasado domingo celebráronse os Oscars 2012, na cidade dos Ánxeles. Foron moitos os galardoados, e como non, tamén houbo un oco para a mellor banda sonora. Este ano o premio a MELLOR BANDA SONORA foi para Ludovic Bource, pola película "The artist", unha banda sonora que imita a música instrumental hollywoodiense dos anos 40 e 50, pero casa perfectamente cos anos 20.

    Bource co seu Oscar á mellor banda sonora
    
    Felicidades para este magnífico compositor que fixo que unha película en branco e negro e de cine mudo como foi "The artist" tivera tanta expresividade e emoción grazas á música que a acompañaba.




    Un bico foi forte para todos e todas e ata pronto !


    martes, 28 de febrero de 2012

    Someone like You

    Ola a todos de novo ! Aínda que xa mencionei a famosa Adele nunha das miñas anteriores entradas, esta vez quero ensinarvos 2 cancións que, na miña opinión, son unhas das mellores. Ademais quero falar sobre ela, porque é unha das mellores cantantes do momento !



    Aínda que se fixo famoso relativamente fai pouco, o certo é que Adele publicou no ano 2008 o seu álbum 19, no que se incluía o seu single Hometown Glory, na que se inclúe alabanzas ao barrio de Tottenham.


    No 2011 lanzou á venda o seu álbum 21, que a catapultou á fama mundial. De feito, nos Grammys 2012 foi a triunfadora por excelencia. Un dos premios que acadou foi a de mellor canción do ano, gracias a "Rolling in the Deep" ou a mellor canción pop solista "Someone like you".



     
    Un bico ! E ata a próxima.

    lunes, 27 de febrero de 2012

    LMFAO

    Ola de novo a todos ! Que tal de carnavales ? Os meus foron increíbles, paseino súper ben e veño coas pilas recargadas :) Sinto non poder publicar entradas antes, pero o xoves houbo un problema informática no instituto e cando estaba a piques de publicar a entrada apagóuseme o ordenador, unha pena ! Agora si que comezo, por fin :)


    Hoxe vou a falar de LMFAO, un grupo que en pouco tempo logrou ser un dos máis famosos e coñecidos de todo o mundo.

    LMFAO é un dúo de electro pop formado nos Ánxeles (USA), ano ano 2006. Está formado por Redfoo (Stefan Kendal Gordy, 1975), e o seu sobriño SkyBlu (Skyler Gordy, 1986).



     
    Redfoo e SkyBlu creceron no barrio Pacific Palisades, donde no 2006 formaron o grupo. O nome LMFAO provén dunha conversación que tivo SkyBlu coa súa nai, donde el dixo que quería que o dúo se chamase "Sexy Dudes" (Tipos Sexys), ao que a súa nai lle respondeu cun LMFAO, Laughing MY Fucking Ass Off ( Pártome o meu maldito cu da risa). Comezaron na famosa discográfica Motown, pero actualmente están na Interscope Records.



    O seu primeiro single titulado "I'm in Miami Trick", que foi lanzado no ano 2008, e que alcanzou o número 51 na lista de "Hot100". Os seus sencillos máis exitosos son "La La La", "Sexy and I Know It", "Champagne Showers", "Shots", e o máis coñecido, "Party Rock Anthem", que chegou ao número 1 da lista Hot 100.  
    
    LMFAO no videoclip "Party Rock Anthem"
    
    Fai uns dias publicaron o seu último videoclip, "Sorry for Party Rocking", que é como unha mezcla dos videoclips "Party Rock Anthem" e "I'm Sexy and I Know".
    Aquí volo deixo, e espero que vos guste :)




    Esta semana xa publicarei máis entradas, un bico e ata a próxima !





    
    

    jueves, 16 de febrero de 2012

    Marabillosa gala dos Grammys 2012.

    O pasado domingo 12 de febreiro celebráronse no Staples Center dos Ánxeles a 54º edición dos Premios Grammy, que este ano arrancou cunha homenaxe infaltable, pois Jennifer Hudson interpretou unha lograda versión da canción I will always love you, para recordar a Whitney Houston, da que falei na miña anterior entrada. Tamén recordaron á diva do soul, Amy Winehouse, xa que Tony Bennett recibiu o premio á mellor interpretación pop dun dúo ou grupo polo seu dueto con Amy. Foi tamén unha noite importante para os Beach Boys, que apareceron no escenario despois de 50 anos.



    Os gañadores indiscutibles foron os estadounidenses Foo Fighters e a cantante británica Adele. A banda liderada por Dave Grohl levouse cinco dos seis premios aos que estaban nominados.


    Adele quedouse cun máis que os Foo Fighters, e os seus galardóns convértena, xunto a Beyonce, na solista feminina que levouse máis premios nunha sola noite. Ademáis a artista de tan só 23 anos volveu a cantar por primeira vez logo dunha operación de garganta que lle impediu facer presentacións en vivo por un considerable periodo de tempo.




    Como de costumbre, a la noche no le faltó nada: performances de lujo, grandes regresos, ausentes para homenajear, looks para analizar y una larga lista de ganadores, entre los cuales se cuentan:
    -Album del año: "21", Adele
    -Grabación del año: "Rolling in the Deep", Adele
    -Canción del año: "Rolling in the Deep", compuesta por Adele Adkins y Paul Epworth (Adele).
    -Artista nuevo: Bon Iver
    -Interpretación pop solista: "Someone Like You", Adele.
    -Album vocal pop: "21", Adele
    -Interpretación pop de un dúo o grupo: "Body and Soul", Tony Bennett & Amy Winehouse
    -Interpretación pop solista: "Someone Like You", Adele
    -Canción de rock: "Walk", Foo Fighters
    -Album de rock: "Wasting Light", Foo Fighters
    -Interpretación de rock: "Walk", Foo Fighters
    -Canción de R&B: "Fool For You", Cee Lo Green, Melanie Hallim & Jack Splash
    -Album de R&B: "F.A.M.E.", Chris Brown
    -Interpretación de rap: "Otis", Jay-Z y Kanye West.
    -Canción de rap: "All of the Lights", Kanye West
    -Album de rap: "My Beautiful Dark Twisted Fantasy", Kanye West
    -Interpretación country solista: "Mean", Taylor Swift
    -Interpretación country de un dúo o grupo: "Barton Hollow", The Civil Wars
    -Album country: "Own The Night", Lady Antebellum
    -Album latino de pop, rock o música urbana: "Drama y luz", Maná
    -Album tropical: "Last Mambo", Cachao
    -Album de banda o música norteña: "Los Tigres del Norte and Friends", Los Tigres del Norte
    -Album regional mexicano o tejano: "Bicentenario", Pepe Aguilar
    -Album de jazz vocal: "The Mosaic Project", Terri Lyne Carrington & varios artistas
    -Interpretación orquestal: "Brahms: Symphony No. 4", Gustavo Dudamel, director (Filarmónica de Los Angeles)
    -Solo clásico instrumental: "Schwantner: Concerto For Percussion & Orchestra", Giancarlo Guerrero, director; Christopher Lamb (Sinfónica de Nashville)
    -Grabación de ópera: "Adams: Doctor Atomic", Alan Gilbert, director
    -Album gospel tradicional: "Hello Fear", Kirk Franklin
    -Grabación dance: "Scary Monsters and Nice Sprites", Skrillex
    -Album dance/electrónica: "Scary Monsters and Nice Sprites", Skrillex
    -Album alternativo: "Bon Iver", Bon Iver
    -Album hablado: "If You Ask Me (And Of Course You Won't)", Betty White
    -Productor del año, música no clásica: Paul Epworth

    Deixovos aquí a canción  "Rolling in the Deep" de Adele, que, na miña opiniçon, é unha das mellores canciones de todos os tempos.



    
    Bicos, e ata o próximo post :)

    martes, 14 de febrero de 2012

    Whitney Houston

    Hoxe sí que se pode dicir que comezo coa miña primeira entrada "oficial" no meu blog.
    Como xa todos sabedes, o pasado 11 de febreiro morreu a famosa cantante Whitney Houston.

    

    Esta famosa cantante naceu alá polo ano 1963 en Newark, Nova Yersey. Dende que foi pequena demostrou o seu talento como vocalista no coro góspel infantil de la iglesia "New Hope Baptist" de Newark, e acompañando despois a súa nai nos concertos. A partir dese momento empezou a cantar con regularidade, ata que no ano 1982 fixo a súa primeira gravación como cantante cunha canción que se titulaba "Memories".



    Ademais , conseguiu in Guinness World Records, pois, ata a data, é a artista máis galardoada de todos os tempos, con 2 premios Emmy, seis premios Grammy, 30 premios Billboard Music Awards e 22 American Music Awards, con un total de 415 premios na súa carreira. E, por se non fora pouco, vendeu  máis de 170 millóns de álbumes, sencillos e vídeos.

    O 18 de xullo de 1992 casouse con  Bobby Brown, un rapeiro estadounidense, co cal tivo unha filla no ano 1993. Este foi un matrimonio tomentoso para a artista, pois era maltratada e ademais foi introducida no  mundo das drogas. No 2001 reconoceu por primeira vez en público que dependia das drogas e tiña vicios nocivos para a súa saúde. Todo isto e e a súa actitude de diva fixeron que o seu éxito fora eclipsado. A súa imaxen artística e física véronse seriamente perxudicadas.




    Finalmente no 2007 divorciouse de Bobby Brown, obtendo a custodia da súa filla. A partir deste ano, a cantante parecía volver a ser aquela indefensa muller que coñecíamos ao principio, creando novas melodías e realizando xiras por todo o mundo. Pero o 11 de febreiro sorprendeunos a todos ao descubrir que Whitney Houston morrera por unha inxesta excesiva de estupefacentes, aínda que as causas serán máis claras despois de que lle practiquen a autopsia.




    Espero que tardemos moito en perder a outra grande artista, pois en pouco tempo perdemos a dúas grandes artistas como o son Whitney Houston e Amy Winehouse, entre outros moitos.



    Aqui vos deixou unha das magníficas e máis famosas cancións de Whitney Houston. Visitade e meu blog e ata a próxima :) !



    lunes, 13 de febrero de 2012

    Primeira entrada :)

    Este blog é utilizado para a clase de informática. O tema elexido vai ser a música.


    Espero que vos guste e aprendades un pouco con este blog :)