jueves, 1 de marzo de 2012

Red Hot...

Agora si que si, esta é a miña última entrada, de momento. O grupo elixido esta vez é Red Hot Chili Peppers.


Esta banda estadounidense foi formada no ano 1983 nos Ánxeles, California, e está formada polo vocalista Anthony Kiedis, o guitarrista Josh Klinghoffer, o baxista Michael "Flea" Balzary e o baterista Chad Smith.
O estilo musical desta banda fusiona o funk tradicional con elementos de outros xéneros incluíndo o rap, Hevy metal, rock alternativo, punk rock e grunge. Son considerados os inventores do punk funk.




Nos seus comezos, ala polo ano 1983, os seus fundadores eran outros, e, dende aquel momento, foron diversos membros os que se uniron e abandonaron o grupo por diversas causas, algunhas, por exemplo, por unha sobredose de cocaína ou problemas persoais.


Publicaron 10 discos e os seus títulos son:

  • The Red Hot Chili Peppers (1984)
  • Freaky Styley (1985)
  • The Uplift Mofo Party Plan (1987)
  • Mother's Milk (1989)
  • Blood Sugar Sex Magik (1991)
  • One Hot Minute (1995)
  • Californication (1999)
  • By the Way (2002)
  • Stadium Arcadium (2006)
  • I'm With You (2011)

  • Este vídeo é da canción "The adventures of rain dance maggie". Espero que vos guste


    Acabo a miña entrada incluíndovos este fabuloso vídeo das súas últimas cancións. UN ABRAZO MOI FORTE !

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario