jueves, 1 de marzo de 2012

Mellor Banda Sonora 2012

Ola a todos de novo ? Que tal levades todo ? Hoxe vai ser o meu último actualizando este blog. Quero darvos as gracias por seguilo e pronto o volverei a usalo para informarvos sobre as miñas clases de informática . Ademais agora empezo a miña etapa de exames, e supoño que estarei moi ocupada ata o 20 de marzo e sen tempo para nada...

O pasado domingo celebráronse os Oscars 2012, na cidade dos Ánxeles. Foron moitos os galardoados, e como non, tamén houbo un oco para a mellor banda sonora. Este ano o premio a MELLOR BANDA SONORA foi para Ludovic Bource, pola película "The artist", unha banda sonora que imita a música instrumental hollywoodiense dos anos 40 e 50, pero casa perfectamente cos anos 20.

Bource co seu Oscar á mellor banda sonora

Felicidades para este magnífico compositor que fixo que unha película en branco e negro e de cine mudo como foi "The artist" tivera tanta expresividade e emoción grazas á música que a acompañaba.




Un bico foi forte para todos e todas e ata pronto !


No hay comentarios:

Publicar un comentario